jueves, 25 de septiembre de 2014

SALA AQUILÓN - LARACHA (A CORUÑA)

Desta volta collemos os bártulos e viaxamos ata Laracha, onde dentro das funcións da Rede "Música o Vivo" do AGADIC visitamos a Sala Aquilón.
Despois de tocar pola rúa, facer promoción pola vila e comer no Pub D`Antón fixemos unha función na que ademáis de pasalo moi ben a xente quedou con ganas de máis Manuche.
 
 

A BELA AURIA

O sábado 27 de Setembro celébrase no Xardín do Posio "A Bela Auria" e nos alí estaremos con "Ulo Swing?" a partir das 19 h.