jueves, 25 de septiembre de 2014

SALA AQUILÓN - LARACHA (A CORUÑA)

Desta volta collemos os bártulos e viaxamos ata Laracha, onde dentro das funcións da Rede "Música o Vivo" do AGADIC visitamos a Sala Aquilón.
Despois de tocar pola rúa, facer promoción pola vila e comer no Pub D`Antón fixemos unha función na que ademáis de pasalo moi ben a xente quedou con ganas de máis Manuche.
 
 

A BELA AURIA

O sábado 27 de Setembro celébrase no Xardín do Posio "A Bela Auria" e nos alí estaremos con "Ulo Swing?" a partir das 19 h.

sábado, 16 de agosto de 2014

"ULO SWING?" en Cortegada

Dentro da Feira de Artesanía de Cortegada unha das actividades foi a representación da nosa peza. Un público moi entregado gozou coa colaboración dun violinista, coñecido pola zona, na   banda de Mac Manouche.
Moitísmas grazas Kakus!!!

viernes, 4 de julio de 2014

COUTO



O CCA do Couto convidonos a compartir con todos os vecinos e veciñas do couto un ratiño de música e teatro.
Moitas grazas a todos e todas demostráchedes que tendes moito SWING!

domingo, 22 de junio de 2014

XARDÍNS DE PADRE FEIXOO


O río da vida foi una actividade na que grandes e pequenos xogaron, fixeron obradoiros e disfrutaron coas aventuras de Agatha e Cloe en "Ulo Swing?"

domingo, 8 de junio de 2014

AUDITORIO DE CAMBEO




No AUDITORIO DE Cambeo  vecinos e familiares abarrotaron as butacas do Auditorio, ao que tanto cariño lle temos, dentro da "Rede Cultura no Camiño" do AGADIC.
grazas a todas e todos polo voso apoio.
 
 
 
 

sábado, 7 de junio de 2014

A CASA TOMADA (A CORUÑA)

"Ulo Swing?" visita A Casa Tomada. Un espazo onde a xente comparte cultura. Lugar inspirador onde podes gozar dun bo concertó, tomar un té, ver un espectáculo de danza e incluso atoparte con Mac Manouche, Veloswing ou o Xiñor Kobiñas.
 

viernes, 18 de abril de 2014

AURIENSE (Ourense)

Un dos obxectivos que tíñamos claros ao inicio deste proxecto era achegar aosmáis pequenos á boa música e un dos canales e a través das Salas de Concertos. No noso querido Auriense fixemos a primeira das funcións dentro da Rede "Música ao Vivo" do Agadic. Para nós é sempre moi esecial actuar na casa e tan cómodos estivemos que ahí van estes regaliños.
 
 

 
 
 
 

https://www.youtube.com/watch?v=7zbFgq_Mt7o